jueves, 22 de marzo de 2018

Dúas celebracións moi importantes

O día 21 de marzo tamén celebramos o
 DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA AUGA
 Tivemos un día estupendo despois de tanta choiva (e tan necesaria) como caeu este mes.
Preparamos as seguintes actividades que podemos ver na seguinte presentación e no vídeo resumen 



sábado, 17 de marzo de 2018

De conversa con Antía Yáñez

O misterio de Portomarín

Antía Yáñez Rodríguez

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre.
Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz…

O venres, 16 de marzo, e por xentileza da Editorial Galaxia, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con Antía Yáñez, despois de ter lido o libro "O misterio de Portomarín", unha lectura que lles resultou apaixoante e moi entretida.
Antía fixo unha presentación do lugar onde acontece a historia e posteriormente as nenas e nenos tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o libro e tamén sobre ela mesma.
Foi unha xornada moi gratificante para o noso alumnado que rematou coa firma dos exemplares que aportou a Bibliosoños.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:



domingo, 11 de marzo de 2018

IV CONCURSO ROSALÍA SEMPRE VIVA

Na mañá do sábado, 10 de marzo, celebrouse a IV edición do concurso escolar de recitado poético ROSALÍA SEMPRE VIVA, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía de Castro ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar está dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Ciclos Formativos Superiores.
A actividade ten por obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.
Despois de realizar no colexio a fase clasificatoria quedaron clasificados para a gran final as seguintes alumnas e alumnos:
Sara Asmerón e Lucas Sierra de 3º curso, Pedro Gil de 4º curso e Inés Cachón de 6º curso.
Fixéronno moi ben! Noraboa polo seu esforzo 
e por representar ao noso colexio!

Máis información no seguinte enlace: 
Aquí deixamos o vídeo cos momentos da súa actuación

viernes, 9 de marzo de 2018

Visita da Policía Nacional

 Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas

Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, estivo no noso centro co alumnado de Infantil para explicarlles as funcións da Policía Nacional. As nenas e nenos fixéronlle moitas preguntas e así poideron saber moitas cousas sobre a POLICÍA NACIONAL.

  • Que hai que estudar para ser policía?
  • Cómo se atrapan aos delincuentes?
 Ensinoulles a placa identificativa e entregoulles pegatinas e carnets. Pasáronno moi ben e aprenderon moitas cousas!


miércoles, 7 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

NA SEGUINTE PÁXINA ATOPAMOS AS ACTIVIDADES DESTE CURSO
https://sites.google.com/site/proxecto20172018/dia-internacional-da-muller?pli=1
 

Viaxe cultura do alumnado de 5º e 6º curso


Na xornada do martes, 6 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, xunto coas profesoras Cristina, Virginia e o profesor Paco, puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias visitas aínda que tiveron un día con moita choiva.