miércoles, 25 de abril de 2018

I Xornada de Educación Física na rúa, en San Cibrao


http://www.consejo-colef.es/defc-home

NOTICIAS NA PRENSA



Na mañá do mércores, 25 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, acompañados dos profesores Paco, Cristina, Eva, Jesús e Marta, participamos na xornada que se celebrou en San Cibrao con motivo da celebración deste día. No mesmo participaron centros de Abadín, Ribadeo, Burela, Cervo, Celeiro Galdo e Viveiro.
O evento estaba organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña e do que forma parte a noso profesora Eva Martínez Baltar.
O día amenceu con choiva pero non foi impedimento para poder desenvolver todas as actividades que nos tiñan preparadas e dividadas en estacións:
  • Skate, Surf, Malabares
  • Brillé
  • Desaafíos Cooperativos
  • Paracaídas
  • Taller de Baile
  • Xogos Populares
  • Voley, Palas, Ultimate
  • Pedra-papel-tesoira
  • Discgolf-Slackline-Procura do tesouro
  • Tres en raia
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo deste día tan especial.

lunes, 23 de abril de 2018

Saída ao Teatro e percorrido polo Casco Histórico de Viveiro

Na mañá do día 23 de abril, todo o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso, tiñamos programada unha saída a Viveiro para facer un pequeno percorrido polo Casco Histórico e ver os pricipais monumentos e lugares de interese:
  • Calexón do Muro, Rúa Rosalía de Castro, Porta da Vila, Gruta de Lourdes, Convento das Concepcionistas, Calexa das Monxas, Porta do Valado, Igrexa de Santa María, Igrexa e Claustro de San Francisco.
Tamén acudimos ao Teatro Pastor Díaz para ver a obra teatral "Irina Bailarina" da compañía Ghazafelhos.
Agradecemos a colaboración da ANPA do colexio pois foi ela a que patrocinou esta sesión de teatro.

viernes, 20 de abril de 2018

Viaxe cultural a Foz

Do 28 de marzo ao 10 de maio pódese visitar no Cenima, en Foz, a V Semana de Artes Plásticas da Mariña. Son 33 obras de 23 artistas. 

Na mañá do venres, 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos  profesores Paco, Cristina e Rosa, foron visitar a mesma.

 



jueves, 19 de abril de 2018

Visitamos o Souto da Retorta

Na mañá do xoves, 19 de abril, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo a actividade programada dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: 
A saída tiña como obxectivo o coñecemento do medio natural do SOUTO DA RETORTA.
Como complemento á visita o alumnado traballou no caderno de campo que preparou a profesora Eva.



NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA PEQUENA EXCURSIÓN



martes, 3 de abril de 2018

Visita ao supermercado EROSKI

Na mañá do martes, 3 de abril, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia Calvo e Rosa Blanco, foron visitar o supermercado EROSKI de Viveiro.
Primeiramente Eva, a encargada da visita, fixo unha breve exposición no centro sobre as diferentes dependencias que iamos visitar no supermercado e sobre a importancia dos alimentos saudables.
Ao chegar ao supermercado visitamos as seguintes seccións: froitas e verdura, panadaría, peixería, carnicería e charcutería, lácteos e por último perfumería.
Na carnicería explicánronlles a vestimenta que esixe o EPI (Equipa de protección individual) co que se reduciu o número de accidentes laborais. Na peixería explicáronlles a diferenza entre peixe azul e peixe branco e tamén lles fixéronlles unha demostración do fileteo dun peixe.
Convidáronnos á degustación de froitas e zumes naturais, ademáis de participar en xogos para diferenciar froitas e verduras mediante o tacto e o gusto.
Por último recibiron  agasallos dentro dunha bonita mochila.
O centro quere agradecer a xentileza de todo o persoal do EROSKI por facer posible esta visita na que o noso alumnado aprendeu cousas moi importantes sobre os alimentos, a reciclaxe e a importancia dunha alimentación saudable.  MOITAS GRAZAS.



lunes, 2 de abril de 2018

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2018

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1069
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



No seguinte vídeo o alumnado de 5º curso presentan os libros que están a ler: