IV MILLA CORRENDO POLO GALEGO
Para
rematar o curso escolar xa ven sendo tradición celebrar esta actividade
deportiva que organiza a profesora de Educación Física, Eva Martínez,
coa colaboración do profesorado do colexio.
Este ano o día amenceu chuvioso polo que non poidemos acudir ao estadio de fútbol do Cembedo, pero iso non impediu que a "MILLA" se levara a cabo no Pavillón do Colexio.
Esta xornada deportiva de integración e valoración social contou coa participación de atletas
divididos en diferentes categorías.
- Categoría Chupetín (non competitiva)
- Categoría Prebenxamín
- Categoría Benxamín
- Categoría Alevín
- Categoría Absoluta