jueves, 31 de mayo de 2018

Visita do Club Deportivo LUGO

Hoxe tivemos unha visita moi especial, catro xogadores  e un directivo do  
falaron  co alumnado de primaria, regaláronlles entradas para o vindeiro partido do sábado 2 de xuño, tamén nos deixaron unha camiseta firmada, houbo unha sesión de firmas e por último fixemos unha foto de familia diante do noso colexio.
MOITAS GRACIAS pola vosa visita!!!

miércoles, 30 de mayo de 2018

Viaxe a Mondoñedo 1º e 2º curso

O martes, 29 de maio, o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Angélica e Maricarmen, viaxaron ata Mondoñedo para coñecer de cerca a cidade e participar nos obradoiros de títeres, cantería e de barro.
Na alameda, xunto á Igrexa dos Remedios foron recibidos por Ton Arenas que os acompañou nun pequeno percorrido por diferentes rúas e barrios desta fermosa cidade. Tamén lles contou a historia do Mariscal Pardo de Cela e a Ponte do Pasatempo, que xa lles contaran as súas mestras no colexio.
Comezaron na Alameda dos Remedios e foron pasando polo Campo dos Paxariños, as rúas do casco antigo, viron as esculturas adicadas a Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro, a Igrexa de Santiago, a Fonte Vella, a Praza e a Catedral... e chegaron ao Barrio dos Muíños onde se atopan as típicas canles, tamén a Ponte do Pasatempo e a concentración de moitos Talleres de Artesanía.

Tiveron a oportunidade de coñecer o obradoiro  MIRCROMINA de Ton Arenas e alí disfrutaron dunha pequena sesión de Títeres.
A continuación foron ao obradoiro de Fernando Vilariño e alí aprenderon moitas cousas sobre os canteiros e os seus traballos. Tamén tiveron a oportunidade de facer unha pequena práctica co cincel e o mazo.



Á hora de xantar comeron no entorno do Taller Alfareiro.



Despois tiveron tempo de xogo libre e por último disfrutaron un montón traballando co barro.
Foi unha viaxe moi divertida onde tamén disfrutaron aprenderon moitas cousas.

VÍDEO RESUMO DA VIAXE

lunes, 28 de mayo de 2018

Celebramos a Festa do Maio

O luns, 28 de maio, xuntámonos os coles  do Concello de Viveiro participantes no proxecto "Espertando o Maio":
  • CEIP DE CELEIRO
  • CEIP DE COVAS
  • CEIP DE GALDO
  • EEI SAN ROQUE
Vestidos axeitadamente para a celebración desta festa, con maios tradicionais de Viveiro, o  maio do noso colexio representando a Porta de Carlos V e outros elementos florais, desfilamos polas rúas de Viveiro acompañados por moitas familias e veciños.
Rematamos na Praza Maior cantando todos xuntos a Canción do Maio de Viveiro.
E así damos por rematado este proxecto que estivemos a traballar durante este curso.
VÍDEO RESUMO

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA
ESPERTANDO O MAIO
https://sites.google.com/site/espertandoomaio/

miércoles, 16 de mayo de 2018

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2018

O mércores, 16 de maio, despois da hora do recreo, no Salón de Actos do Colexio, fixemos a nosa celebración das Letras Galegas:
  • Semblanza da autora homenaxeada (María Victoria Moreno) a cargo do alumnado de 6º curso. 
  • Dramatización da obra "A festa no faiado" de María Victoria Moreno, a cargo do alumnado de 1º curso. 
  • Actividades musicais: 
  •  Danza coa canción "O maio da Mariña" 
  • "A saia da Carolina" 
  •  "O son do Ar" 
  •  Interpretación do Himno Galego
CLICA NA PÁXINA ESPECIAL ADICADA A
MARÍA VICTORIA MORENO
ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN 
https://sites.google.com/site/mariavictoriamoreno18/as-nosas-actividades

domingo, 13 de mayo de 2018

Saída de 3º e 4º de Primaria

O venres, 11 de maio, os grupos de 3º e 4º de primaria visitaron a granxa de corais de Magazos-Viveiro (REEF WATER).
Foron recibidos pola precursora do proxecto Vanesa Rodríguez e o biólogo mariño Carlos Jiménez.
Logo dunha charla explicativa sobre os corais e o seu hábitat foron ver as instalacións onde están os acuarios cos corais e peixes que viven neles.
A  visita foi todo un éxito e os nenos e nenas viñeron entusiasmados e aprenderon moitas cousas!
Moitas gracias polo boa acollida!!!




sábado, 5 de mayo de 2018

Montaxe da Exposición: "A Mariña pensando en feminino"

Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:



Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.


viernes, 4 de mayo de 2018

ASPANANE NO NOSO COLEXIO

         PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE NA COMUNIDADE EDUCATIVA 
MOITAS GRACIAS A MARCOS E AOS USUARIOS DE ASPANANE POLA SÚA AMABILIDADE PARA CO NOSO ALUMNADO
PROGRAMACIÓN
Nesta segunda edición do programa realizaremos unha única sesión que servirá de repaso de conceptos traballados anteriormente, así como de introdución da nova liña de traballo sobre o concepto de Diversidade Funcional. Para isto dividiremos a sesión nos seguintes puntos: 
1. Diversidade. 
 Introducimos o concepto de diversidade a través da proxección dunhas láminas resaltando a existencia desta diversidade no noso entorno, así como entre as persoas, e valorando a riqueza que supón esta diversidade para as nosas vidas. Realizaremos a actividade "Así son eu", que consiste nunha presentación por parte de cada neno/a dicindo cadanseu nome e unha cousa que lles gusta facer e unha cousa que non. Deste xeito, comprobaremos a diversidade existente na aula. 
2. Diversidade sensorial.
 Enlazando co visto nas láminas anteriores, introducimos o concepto de funcionar diferente. As persoas con diversidade funcional (discapacidade) teñen moitas capacidades, a única diferenza é que as realizan de maneira distinta. 
 3. Diversidade motriz. 
Seguiremos recordando o visto o ano anterior e levaremos unha cadeira de rodas que nos axudará a coñecer moito mellor o concepto de "funcionar diferente". 
 4. Diversidade Intelectual. 
Charlaremos cos/as usuarios/as da nosa entidade sobre a súa vida no centro e as súas amplas capacidades, conseguindo así a ruptura cos estereotipos sobre este colectivo e descubrindo á persoa que hai detrás da discapacidade. Nos cursos máis avanzados proxectaremos a curtametraxe "El Cazo de Lorenzo", realizando un cine-fórum posterior sobre o seu significado e o relacionado coa discapacidade intelectual. 
5. Conclusións.
 Buscaremos as conclusións por parte dos nenos e nenas participantes e proxectaremos o vídeo realizado por ASPANANE "Porque eu son igual que ti" como broche a esta sesión da segunda edición do programa.


jueves, 3 de mayo de 2018

Teatro Escolar

Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo, traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora Anisia Miranda.
Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación.
Fixéronno moi ben! e recibiron moitos aplausos.


miércoles, 2 de mayo de 2018

Visita a un supermercado

Na mañá do mércores, 2 de maio, todo o alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita ao Supermercado EROSKI.
Ao chegar déronnos a benvida Eva e Ana; logo visitamos as seguintes seccións: froitas e verduras, panadaría, peixaría, carnicería, lácteos e por último a sección do aseo persoal.
Como despedida agasalláronnos cunha bolsiña que levaba froita, auga, galletas...
Aprenderon moitas cousas e pasáronno moi ben.
Damos as gracias a todo o persoal do Supermercado pola súa amabilidade.