Saída ao Teatro e percorrido polo Casco Histórico de Viveiro
Na mañá do día 23 de abril, todo o alumnado de Infantil e
1º e 2º curso, tiñamos programada unha saída a Viveiro para facer un
pequeno percorrido polo Casco Histórico e ver os pricipais monumentos e
lugares de interese:
Calexón do Muro,
Rúa Rosalía de Castro, Porta da Vila, Gruta de Lourdes, Convento das
Concepcionistas, Calexa das Monxas, Porta do Valado, Igrexa de Santa
María, Igrexa e Claustro de San Francisco.
Tamén acudimos ao Teatro Pastor Díaz para ver a obra teatral "Irina Bailarina" da compañía Ghazafelhos. Agradecemos a colaboración da ANPA do colexio pois foi ela a que patrocinou esta sesión de teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario